Marco xurisdiccional da Casa - Fortaleza de Camba. Consérvanse unicamente dous. Sabíase da existencia dun terceiro, que parece ser foi a parar a un museo en Nova Iork (mediados do século XX) na famosa época de "operación rescate". Onde determinadas persoas con certa sensibilidade cultural!!! se dedicaban a ir polas casas e coller obxectos, os cales para os propietarios non tiñan valor ou eran simplemente estorbos, almacenándoos ou vendéndoos a intermediaros para pasar posteriormente a museos. O marco xurisdiccional limitaba o terreo ou xurisdicción da Casa - Fortaleza de Camba e Coto de Quinzán do Carballo diferencíandose da xurisdicción de Camba e Rodeiro que comprendía o resto do actual concello de Rodeiro. Estas xurisdiccións tiñan un xuíz de seu, nombrado polo señor da Casa de Camba para a súa xurisdicción e outro xuíz para a de Camba e Rodeiro nombrado polo arcebispado de Santiago, quenes xulgaban independientemente. Curiosamente para as xentes de Camba estes marcos son coñecidos como os Marcos do Perdón onde unha vez agarrado unha persoa, que cometera un delito, a un deles quedaba baixo as leis da xurisdicción da Casa de Camba, que soían ser máis flexibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario