Detalle dos extraordinarios baldaquinos da Igrexa de Santa María de Ventosa (Agolada), pinturas e sepulcro de alguén que o pobo e moitos historiadores sinalan que pertence a un tal abade Lope de Ventosa, motivo por confirmar e con falta de rigor. Non existe ningunha referencia histórica a tal persoalidade e despois de varias pesquisas penso, que puido chegar a non ser utilizado e no caso de que así fora, seguramente a alguén dos Ulloa que posuían terras en Ventosa no século XVI. Este extraordinario conxunto dou pé a que Filgueira Valverde denominara dita igrexa, de Santa María de San Julián de Ventosa, como "a Catedral do Románico rural galego".
No hay comentarios:
Publicar un comentario