
Documentados dende non fai moito tempo. As laxes con gravados rupestres existentes no Farelo, no lugar denominado
Laxe Ferrada (Antas de Ulla), son un claro expoñente da pegada humana ao longo dos séculos e, cun máximo explendor na Idade de Bronce. Aparecen
cazoletas ou
coviñas (seguramente os máis antiguos pero, que ata principios do século XX, foron gravadas moitas deles por pastores); as
combinacións circulares e en
espiral (que requiren de certos coñecementos e de certa formación intelectual; destaca unha combinación circular que ronda os dou metros e medio de tamaño, unha das máis grandes de Galicia); a
simboloxía de animais (páxaros -
pombas?, lavandeiras?-, ..., de época medieval e moderna) ou de tipo
cruciforme (de épocas medievais e modernas) cunha doble versión: cristianización e marcas xurisdiccionais (tal e como acontece coa Laxe Ferrada, que limitaban a varias das xurisdiccións e cotos de Amarante coa de Ventosa). En sucesivos traballos irei colgando algún gravado inédito, xa na zona do
Farelo ventosino, que fun descubrindo.
1 comentario:
Teño mais fotos dos petroglifos do Farelo en Antas no meu blog.
Visitame se che prace.
Un saudo dende A Ulloa
Publicar un comentario