O museo municipal de Rodeiro, inaugurado en 1998, sitúase no centro cultural municipal "Manuel Lamazares", e atópase distribuído en tres seccións: exposición pictórica, colección etnográfica e sala de arqueoloxía. A sala principal céntrase en arqueoloxía e restos materiais antigos de gran importancia no municipio. A sala de pintura mostra unha gran colección de cadros doados polo pintor J. Luís Vazquez, coñecido artisticamente como "Vilaseco". Os cadros representan maioritariamente diversas escenas costumistas da vida tradicional no rural galego; romarías, foliadas, ... A colección etnográfica componse de diversas achegas dos veciños, propias da cultura popular da zona: instrumentos que se utilizan no proceso do liño, de carpintería, unha colección de fósiles e minerais, a historia da peseta e outros documentos antigos, todo iso exponse para o deleite de todos e todas de forma gratuíta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario