O denominado Camiño Sur provén de terras leonesas para internarse na nosa Comunidade Autónoma por Montefurado e, seguindo o leito do Sil, achegámonos a Quiroga e Pobra de Brollón. A partir de aquí, a ramificación do sur lévanos a terras de Chantada. A 5ª etapa, de Belesar ao Monte Faro, discurre ao longo de 16,7 Kms. polo concello chantadino cara Rodeiro. Ponte Ermida, Queixeiros, Alemparte, centro urbano de Chantada, Centulle, Asma, Lucenza, Vilaseco, Penasillás e Monte Faro son as paradas oblrigatorias dun percorrido cheo de suaves pendentes, desde as que se contemplan paisaxes de gran beleza natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario