martes, 13 de octubre de 2009

Restos da "Torre" do monte de Santa Baia (Rodeiro)







Restos do que debeu ser unha especie de torre ou atalaia que nalgún tempo servía de vixía na serra do Faro (Rodeiro). Estes restos sitúanse no monte de Santa Baia de Camba. Moitos deles foron aproveitados para a construcción de abrigadoiros para os animais domésticos, para a construcción de casas e mesmo de balados. Hoxe en día no seu sitio está situado unha especie de repetidor de TV.

4 comentarios:

busto.agolada dijo...

Grazas a esta información, nacerá un novo destino ciclista. Para coñecer e recrear a historia dese pasado vixío, facho e faro de todos os horizontes da Galicia Central.
Saúdos

TERRAS DE CAMBA E VENTOSA dijo...

Non sei como están, hoxe en día, os accesos a el. Eu daquela fixerao monte a través!!!.

A Ulloa en fotos dijo...

Moi interesantes estes restos! ¿E quedan restos de cimentación?

TERRAS DE CAMBA E VENTOSA dijo...

O único que se observa é por onde presuntamente ía unha especie de cerca ou muralla. Algún veciño desa zona ten oído que en épocas "remotas" se utilizou para gardar o gando dos ataques do lobo.