No Descubrindo 2009. Seminario de Estudos do Deza aparece un artigo relacionado coa liñaxe dos Rodeiro. Quenes tiveron un considerable peso socio - político durante os séculos XI e XIII. Unha liñaxe descendente do conde don Ero e, onde destacan persoeiros tan relevantes como don Munio Fernández de Rodeiro, quen parece ser foi un dos persoaxes galegos máis relevantes do século XIII, sendo merino, prestamario e tenente de terras como as de Pallares, Orcellón, Ourol, Camba e Mougán, meriño maior do rei en Galicia e encomendeiro do mosteiro de Ferreira de Pallares (Guntín), onde fundou unha capela; don Paio Muñiz de Rodeiro (como primeiro pertigueiro do arcebispado de Santiago) e a don Vasco Fernández de Rodeiro (como constructor da fortaleza e torre de Rodeiro e da fortaleza e torre de Camba) ou á súa filla dona Maior Vázquez de Rodeiro herdeira da torre e fortaleza de Rodeiro, ou mesmo a don Pedro Fernández (de Rodeiro) como abade do mosteriro de Oseira ou a don Vasco Pérez de Rodeiro como coéngo en Lugo e a seu irmán don Lopo Rodríguez de Rodeiro que foi escudeiro e xa finalmente a don Álvaro de Isorna, bispo de Mondoñedo (principios do s. XV) e arcebispo de Santiago de Compostela (1445 – 1449).
No hay comentarios:
Publicar un comentario