O sábado día 18 de febreiro acompañei a dous reporteiros de Turgalicia polos montes de Axiaz (Ventosa - Agolada), co fin de facer unha reportaxe da gran cantidade de grabados rupestres e mámoas existentes nesta paraxe (coto Cornellal, coto de Áspera -Aspra-, a Chaira, ...). Este novo paseo permitiume descubrir novos grabados rupestres; desta volta no coñecido coto da Mámoa e no da Pena das Cruces, xa limitando co monte das terras de Rodeiro (Guillar). Na Pena das Cruces existen cazoletas e grabados de cruces, seguramente para marcar os límites parroquiais entre a parroquia de Ventosa e a de Guillar en Rodeiro (un deles é moi curioso xa que agrupa a varias cazoletas como imitando unha man pousada na rocha ou unha pegada dun animal) e na outra laxa hai cazoletas. As terras de Axiaz son o noso pequeno "Campo Lameiro".
No hay comentarios:
Publicar un comentario