Para a caza do lobo empregábanse trampas permanentes especialmente adicadas a el, coñecidas como "foxos"; que por regra xeral eran cilíndricos, de regulares dimensións, con valados de pedra e colocados en lugares do terreo que facilitasen a súa instalación e funcionamento.
Teño coñecemento do "funcionamento" dun destes foxos na parroquia de Asperelo (Rodeiro), no lugar denominado da "Chousa da Cerca", entre o monte Faro e a Porreira, onde se conservan á vista os restos do antiguo dispositivo formado por unha muralla de pedra que deixaba paso cara unhs foxos. Segundo me informaron, unha multitude de persoas, algunhas das cales tocaban cornos, coa axuda de cans, dirixían o lobo cara a cerca de pedra. Ao chegar a ela só quedaba unha saída na que había instalado un foxo profundo tapado con polas, que no seu interior gardaba conxuntos de estacas afiadas.
Os veciños da aldea de Couso eran os encargados de facela ramallada para tapar o foxo; toda a xente participaba na cacería, que comezaba dende o monte Faro de onde baixaban con panderetas e cornos, berrando a fin de sacar o animal da espesura cara a "Chousa da Cerca". Unha vez cazado o lobo era levado a cabalo "de paseo" polas aldeas próximas, onde nalgúns casos, recollían como premio a súa labor, diñeiro ou alimentos (mel, queixo, ovos, chourizos, ...) destinados á unha comida colectiva "folidada"; entre os veciños, que viña a ser o remate da xornada de caza na casa de calquera veciño. Co lobo ou ben se vendía a pel ou se abandonaba o seu cadáver nun lugar onde a súa presencia evitaba que outros merodeasen pola zona.

No hay comentarios:
Publicar un comentario