O Comité Organizador de Periodipesca 2010 xa ten todo ultimado para celebrar como se merece a maioría de idade desta Asociación Internacional do Xornalismo Especializado en temas de caza, pesca, natureza e turismo rural e de aventura: Club Periodipesca, que basean na sustentabilidade e o interese común, a súa principal razón de ser. Nestes dezaoito anos de vida tamén cumpriu fielmente con outros fins, talles como reunir todos os anos a través dun congreso internacional a compañeiros de profesión, expertos e amigos, para dar a coñecer, tratar e debater os principais problemas dos deportes e actividades dos sectores que nos incumben, así como de promocionar turísticamente Galicia a través da celebración desa convención anual en diferentes vilas, comarcas e provincias galegas. Deste xeito damos a coñecer as súas moitas riquezas culturais, artísticas, naturais e ata culinarias, que atesoura Galicia. Centrándonos neste ano, e baixo o lema: Rodeiro, de camiño a Santiago, o Congreso celebrarase do 29 de abril ao 3 de maio próximos e o programa, acorde coa importancia da efemérides, é tan amplo como variado, sobresaíndo as tradicionais conferencias e mesas redondas nas que intervirán relatoras de primeira liña no ámbito que nos incumbe. O Campionato Internacional de Pesca de Troita. As degustacións de produtos dá terra e do mar. As catas de viños galegos e portugueses. As excursións a Santiago, para gañar o Xubileo, ao Mosteiro de Oseira (Cea), o Escorial Galego; a Ferreira de Pantón e Portomarín, con visitas guiadas aos puntos máis emblemáticos destes municipios, sen que falte unha viaxe en catamarán pola bonita Ribeira Sacra, ocuparán o tempo de lecer de congresistas e acompañantes. No capitulo de recoñecementos nesta XVIII edición serán distinguidos, entre outros, o xornalista PALENTINO fincado en Madrid, José Luís Frade, Director da área de caza do Grupo V , pola súa dilatada e fértil labor informativo. E o Director Xeral de Conservación da Natureza do Goberno Galego, Ricardo García-Borregón Millán, polo seu destacado e frutífero labor na defensa do medio natural e moi especialmente do panorama cinexético e piscícola galego. O Congreso deste ano Santo, cuxas previsións de participación sitúanse ao redor do centenar de persoas de España e Portugal, entre xornalistas, colaboradores de prensa, expertos e entendidos nas materias que nos ocupan, conta coa colaboración, ademais de varias firmas comerciais, dos concellos de Santiago de Compostela, e dos lucenses de Portomarín e Ferreira de Pantón. Así como co respaldo oficial da Xunta de Galicia e das federacións autonómicas e nacionais de caza e pesca. Mentres do patrocinio encárganse a Consellería de Medio Rural, Dirección Xeral de Conservación da Natureza e o Concello pontevedrés de Rodeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario