viernes, 23 de octubre de 2009

Seguimos a falar dos Rodeiro

Como xa mencionei nunha entrada anterior a liñaxe dos Rodeiro viaxa ao longo dos séculos XII - XIV e teñen o seu solar na Casa Fortaleza de Rodeiro e Casa Fortaleza de Camba e para a miña sorpresa "Pai Moniz de Rodeiro (que fora pertigueiro da terra de Santiago) tiña unha filla chamada Maria Pelagii e é, probablemente, a dona representada pola cantiga da guarvaya". Esta cita é de GEMA VALLIN, quen no seu libro Las Cantigas de Pay Soarez de Taveirós. Estudio histórico y edición, Universidad de Alcalá de Henares, 1996.
A cantiga da guarvaya ou Cantiga da Ribeirinha data de finais do século XII e foi o primeiro grande documento da Literatura portuguesa sendo o seu autor o trovador Paio Soares de Taveirós (terras de A Estrada - Pontevedra), escrita en galego-portugués.
Un anaco da cantiga:
"No mundo non me sei parelha,
mentre me for' como me uay
ca ia moiro por uos e ay!
mha senhor branca e uermelha,
queredes que uos retraya
quando uos eu ui en saya!
Mao dia me leuantei,
que uos enton non ui fea!
E, mha senhor, des aquel di' ay!
me foi a mi muyn mal,
e uos, filha de don Paay
Moniz, e ben uus semelha
d' auer eu por uos guaruaya
pois eu, mha senhor, d' alfaya
nunca de uos ouue nem ei
ualia d' üa correa."

1 comentario:

A Ulloa en fotos dijo...

Si coñezo os de Sober. De feito enviáronme un montón de trípticos que fan eles coa información das rutas que teñen publicadas, en cada unha (segundo sexa a ruta) están marcados os petroglifos da parroquia.