Velaí van unhas cantas fotos de varios hórreos da terra de Ventosa; logo dunha desas intensas nevaradas deste ano 2009. O hórreo é unha construcción destinada a secar e gardar o millo. A súa estructura está composta por sopenas, cume, tesoira, balaústres, pinches, soleiras, columnas, ... . Hoxe en día xa non están destinados, en moitos casos, para o millo senón para "adornar", "de almacén do que sobra", de "experimento de cousas raras", "de criadeiro de ratos e morcegos", "de secadeiro de salchichóns e queixos", e un longo etcétera. Que lles deparará o futuro?.
3 comentarios:
fermosas fotos......
Benvido novamente á actividade blogueira.
E saúdos
Os de Golada decido que son cambotes... Cousa rara :-). Estas a facer un traballo moi bo.
Saudos
Publicar un comentario