viernes, 12 de diciembre de 2008

Quads en Ventosa



Hoxe quero mostrar unha foto das primeiras carreiras de Quads celebradas no Circuito Monte Farelo (Ventosa). Corresponde a súa inauguración para o campionato Galego de Quads 2008.
En fin, eu era dos que pensaba que este tipo de eventos só servirían para arruinar o monte pero, logo dase un conta de que cada un disfruta do monte dun xeito distinto; non sei, a uns gústanos o sendeirismo, a caza, o búsqueda de vestixos (pre)históricos e a outros para o desenvolvemento de actividades de motor.

O que está claro e que este evento congregou unha morea de xente interminable. De tódolos puntos de Galicia e mesmo de España. Xa que persigue a finalidade de que se celebren campionatos a nivel estatal. Polo de pronto está considerado o mellor circuíto de Galicia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois si, eu estou dacordo contigo en que este eventos so serven para estragar e destrozar o monte....pero xa ves posiblemente estamos equivocados, porque eu tamen fun, levei o meu fillo MArcos, que é un forofo do tema...e quedei abraiado da xente que estaba por ala.....Si pos unha pelicula das mellores, non vai tanta xente, Cousas.

TERRAS DE CAMBA E VENTOSA dijo...

Amigo Aopedofarelo:
Penso que ás veces estamos equivocados e que, non sei agora que vexo o trazado que fai Manolo Busto para esta ruta de sendeirismo que iría ás beiras do Arnego, paréceme que centralo unicamente en sendeirismo -egocentrismo?? é un erro, quizás fose máis interesante facer unha ruta ao par para quads, cabalos, bicis, en fin para todo o mundo. Se non ao final van ou imos catro!!!!