Presento unha foto (1985) da igrexa de Asperelo, ao pé da serra do Faro. É unha xoia do románico rural galego pouco coñecida, e con moi pouca publicidade. Hoxe en día está bastante restaurada e con teitos exteriores a exemplo doutra época. Comenzou a construirse a principios do século XIII sobre un antiguo solar doado en 1156 ao mosteiro de San Pedro de Dozón. Construída en sillería conserva a súa forma inicial cunha soa nave e un ábside rectangular a direfente altura. A portada presente arquivoltas e os seus laterais enriquécense con dúas portas centrais románicas e motivos decorativos como cabezas de lobos, bois, .... No interior ten un rico conxunto de capiteis e figuras esculpidas. Detéctanse influenzas de Oseira e mesmo de terras tan lonxanas como Mondoñedo. Prometo que noutro momento colocarei fotos actuais.Fui eu, madre, en romaría a Faro con meu amigo e veño del namorada por quanto falou comigo ¡ca mi xurou que morría por mi, tal ben me quería! Xohán de Requeixo (s. XIII)
miércoles, 16 de abril de 2008
Igrexa Parroquial de Asperelo
Presento unha foto (1985) da igrexa de Asperelo, ao pé da serra do Faro. É unha xoia do románico rural galego pouco coñecida, e con moi pouca publicidade. Hoxe en día está bastante restaurada e con teitos exteriores a exemplo doutra época. Comenzou a construirse a principios do século XIII sobre un antiguo solar doado en 1156 ao mosteiro de San Pedro de Dozón. Construída en sillería conserva a súa forma inicial cunha soa nave e un ábside rectangular a direfente altura. A portada presente arquivoltas e os seus laterais enriquécense con dúas portas centrais románicas e motivos decorativos como cabezas de lobos, bois, .... No interior ten un rico conxunto de capiteis e figuras esculpidas. Detéctanse influenzas de Oseira e mesmo de terras tan lonxanas como Mondoñedo. Prometo que noutro momento colocarei fotos actuais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Eu xa conocía esta igrexa está no quinto pino pero é ben bonita. Que tal? Fai tempo que non te pasas polo meu blog. Un Saúdo. Sabes da Xuntanza??
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Publicar un comentario