Restos do que debeu ser unha especie de torre ou atalaia que nalgún tempo servía de vixía na serra do Faro (Rodeiro). Estes restos sitúanse no monte de Santa Baia de Camba. Moitos deles foron aproveitados para a construcción de abrigadoiros para os animais domésticos, para a construcción de casas e mesmo de balados. Hoxe en día no seu sitio está situado unha especie de repetidor de TV.