miércoles, 20 de marzo de 2013

Visita ao Pazo de Liñares (Lalín)


 O pasado día 14 de marzo, xoves, os mebros do Seminario de Estudos do Deza, fomos convidados a unha visita ao rehabilitado Pazo de Liñares (Lalín). 



Estas obras de rehabilitación foron cando menos laboriosas dado o estado de abandono no que se atopaba e os resultados das mesmas máis que aceptables.
 O pazo de Liñares, en San Martín de Prado (Lalín) foi, na súa época, unha das grandes casas fidalgas da terra de Deza. Hoxe en día, quere convertirse despois desta rehabilitación nun espazo multidisciplinar: destinado a biblioteca, a arquivo, a museo da cultura castrexa, ...

No hay comentarios: