
Facía tempo que non publicaba algo pero hoxe dispóñome a facelo xa que Rodeiro está de noraboa. Onte, mércores día 22 de outubro, cun frío que pelaba!!, presentouse na Casa da Cultura o libro: Rodeiro, unha terra con historia, baixo a coordinación de Xoan Manuel Porral, e onde eu mesmo participei cun artigo sobre o Ensino en Rodeiro (1860 - 1910). Foi un anoitecer precioso: a sá abarrotada, libros para todos e todas, xente de tódalas idades e de moitas partes de Rodeiro e da Comarca de Deza, apretóns de mans -o típico "canto tempo sen verte, que fas?, onde vives?", en fin unha reunión veciñal: Ben que se se levanta Fernando de Camba ou algún dos tan sonados e traídos Churruchaos pensarían que ía haber algún tipo de revolta medieval. Isto é, o libro merece a pena cando menos ollalo, ver o número de páxinas e pesalo (como din por aí: "o libro parece bó xa que ten moitas páxinas e pesa moito". A disfrutalo!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario