
Foto da pía bautismal da Igrexa de San Xoán de Camba. Presenta unha tipoloxía decorativa que poderíamos calificar de "románica". En forma de copa, que ven sendo a parte máis grande e decorada, onde amosa un borde irregular (como desgastado) e unha superficie inferior, que xeralmente é a que define o tipo de pía bautismal, sendo neste caso unha decoración sinxela a modo de bolutas remarcadas, de tipo xeométrico, e sobre un pedestal que corresponde a épocas máis recentes. Dende finais do século XIX e ata mediados do século XX estivo recuberta de cal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario