miércoles, 16 de abril de 2008

Igrexa Parroquial de Asperelo

Presento unha foto (1985) da igrexa de Asperelo, ao pé da serra do Faro. É unha xoia do románico rural galego pouco coñecida, e con moi pouca publicidade. Hoxe en día está bastante restaurada e con teitos exteriores a exemplo doutra época. Comenzou a construirse a principios do século XIII sobre un antiguo solar doado en 1156 ao mosteiro de San Pedro de Dozón. Construída en sillería conserva a súa forma inicial cunha soa nave e un ábside rectangular a direfente altura. A portada presente arquivoltas e os seus laterais enriquécense con dúas portas centrais románicas e motivos decorativos como cabezas de lobos, bois, .... No interior ten un rico conxunto de capiteis e figuras esculpidas. Detéctanse influenzas de Oseira e mesmo de terras tan lonxanas como Mondoñedo. Prometo que noutro momento colocarei fotos actuais.





1 comentario:

asbeirasdoarnego dijo...

Eu xa conocía esta igrexa está no quinto pino pero é ben bonita. Que tal? Fai tempo que non te pasas polo meu blog. Un Saúdo. Sabes da Xuntanza??
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com