
É este un dos restos do desaparecido Pazo de Vilar do Fondo (lugar de Fonte - Riobó), que foi trasladado pedra a pedra a Chantada, só restando nas terras de Camba dous escudos situados nunha vivenda particular. A foto que presento é a da antigua fonte que se localizaba na eira do pazo, e que hoxe en día está reducida a un conxunto de pedras, cunha saída de auga que, cun gran sentimento nostálxico, merecen ser visitadas polos amantes da historia. Que se lle vai facer!.
3 comentarios:
É difícil advertir nestas pedras a historia que garda. É bo que no la contes para que non se perda e para darlle o valor que ten.
Saúdos.
Non lle hai que facer, a nosa historia está chea deste tipo de "Burricanadas"....
A lo menos ainda bota auga, menos mal que non a desviaron, ou canalizaron, ou secaron...ou que sei eu, ....
Non sabia eu desta torre, xa ves, como din Manolo o importante e contar estas cousas, para que non se esquezan para sempre, cando morran os vellos.
Hai tempo que non viña por este blog, a verdade é que avanza a bo paso.
Está moi curiosa a foto, cas galiñas e a señora, mágoa que amose o que amosa. saudos.
Publicar un comentario