
No Anuario de Estudos da Comarca do Deza do 2006 publicouse un artigo onde aparecen os principais gravados rupestres do Concello de Agolada presentes nas parroquias de Ventosa e Gurgueiro. É un riquísimo patrimonio prehistórico, nalgúns casos inédito e que representa, case con toda seguridade, a maior concentración de gravados rupestres do interior de Galicia. No caso de Axiaz (Ventosa) contabilízanse máis de dúas ducias de rochas con gravados (armas, círculos, cazoletas, escudos, ...) "adornados" con túmulos aillados ou formando grupos. Todo isto fai referencia a unha considereble presencia humana nesta zona.
Contador gratis
Contador gratis
No hay comentarios:
Publicar un comentario