Hai un tempo que fixen unha especie de pequena ruta de sendeirismo con algún veciño/a da parroquia de Ventosa e funlles ensinando os gravados rupestres que polos distintos montes da parroquia existían. Logo de ensinarlles unha gran laxe onde había álgún que outro gravado dime unha persoa, xa de certa idade: "viñen moitas veces coas ovellas, de nova, para aquí e nunca tal cousa vin" e outra máis: "nesa laxe estívenche eu poucas veces sentada e non me dou conta de ver eses gravados". Eu quedeime de pedra!. Pero non foi a derradeira. Logo dalgunha que outra recente publicación sobre os gravados rupestres de Galicia -Historia de Galicia- (que tamén inclúen Antas de Ulla, Silleda, ...) non se fai mención deles . Vaite ti saber se apareceron aquí da noite para a mañá!!. Vou pasar a mostravos algún destes gravados a ver se teñen trazas de aparecer de súpeto:
1 comentario:
Tio,eres cojonúdo, sigue haciendo ese trabajo de campo, que merece la pena,.
Un saludo desde Madrid
Publicar un comentario